Publicador de contidos

Publicador de contidos

Austria encamíñase a un goberno tripartito que deixa fóra a ultradereita gañadora

Austria encamíñase a un goberno tripartito que deixa fóra a ultradereita gañadora

As negociacións para a formación dun goberno de cooalición "están na recta final", confirma a Presidencia de Austria

Conservadores, socialdemócratas e liberais trasladaron formalmente este sábado a súa proposta a Alexander Van der Bellen, presidente do país

G24.gal 22/02/2025 17:49

O Partido Popular austríaco (ÖVP), o Socialdemócrata (SPÖ) e o Liberal (Neos) ultiman un acordo para gobernar xuntos e deixar na oposición aos ultranacionalistas (FPÖ), gañadores das lexislativas do 29 de setembro, tras fracasar dous intentos de formar un novo Executivo.

Nunha comparecencia ante a prensa, os tres lideres anunciaron que acaban de reunirse co presidente  de Austria,  o ecoloxista Alexander van der Bellen, para informarlle sobre os avances logrados en intensas conversacións a porta pechada mantidas no últimos dez días.

"Teño moita confianza en que, tras lograr unha base en común, conseguiremos finalizar un acordo para gobernar en coalición", dixo o xefe do conservador ÖVP, Christian Stocker.

"Comezamos agora este proceso de finalización", confirmou o líder do SPÖ, Andreas Babler, quen salientou que, case cinco meses despois das eleccións lexislativas do 29 de setembro, o país necesita rapidamente un Goberno estable.

"Estamos na recta final", declarou pola súa banda Beate Meinl-Reisinger, líder do pequeno partido Neos.

Trátase do segundo intento destes tres partidos de aliarse para gobernar xuntos, despois de que a principios de xaneiro rompesen as primeiras negociacións entre acusacións mutuas de non estar dispostos a ceder posicións.

O fracaso levou ao entón chanceler federal, o conservador Karl Nehammer, a renunciar á xefatura do Goberno e á presidencia do ÖVP, cargos nos que foi substituído por Stocker.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade