Austria remata o confinamento de tres semanas para a poboación vacinada
Austria remata o confinamento de tres semanas para a poboación vacinada
Os non vacinados seguirán baixo restricións de peche
Desde que se tomou a medida, o número de casos novos caeu con forza
Austria remata este domingo tres semanas de confinamento para toda a poboación, unha da serie de medidas que tomou o Goberno do país para frear a propagación de casos de covid.
As persoas non vacinadas seguirán suxeitas ás restricións de peche e deben de permanecer na casa agás excepcións puntuais, como ir comprar alimentos, acudir ao médico ou realizar exercicio.
Os que recibiron a vacina poderán reiniciar as súas visitas aos espazos públicos, cando se prepara para o luns a maior manifestación ata a data en Salzburgo contra as medidas sanitarias do coronavirus e a vacinación obrigatoria na cidade.
Este domingo milleiros de persoas xa marcharon pola cidade nunha iniciativa do Partido da Liberdade.
Desde o comezo do peche, o número de casos de covid caeu. O venres Austria informou de que a incidencia estaba en 367,5 casos por cada cen mil habitantes, fronte aos 1.102 do primeiro día do peche.
O Goberno austríaco prepara un proxecto de lei con multas de ata 3.600 euros ás persoas que decidan non vacinarse contra o coronavirus. Podería entrar en vigor en febreiro con vixencia ata 2024 e afectaralles a todas as persoas maiores de 14 anos.
Poderán evitar o pagamento da multa se se vacinan.