Publicador de contidos
Publicador de contidos

Autoescolas cheas en verán: "Fixen os 18 e, con ganas de sacar o carné e conducir xa"

Autoescolas cheas en verán: "Fixen os 18 e, con ganas de sacar o carné e conducir xa"

A época estival é un dos momentos en que moitos mozos aproveitan para sacar o carné de conducir

Aseguran nas academias que poden chegar a duplicar o número de alumnos e alumnas respecto a outros meses do ano

G24.gal 08/07/2024 21:55

En moitas academias de condución poñen en marcha clases intensivas para poder prepararse para o exame teórico de conducir.

Nunha delas, en Vigo, situada en Navia, asisten arredor dunhas 50 persoas en quenda de tarde. Cren que en algo máis dunha semana xa están preparadas para poder presentarse. Son clases de hora e media á semana.

Esa é a intención de moitos mozos e mozas este verán. Aproveitar os meses de descanso para sacar o carné de conducir. Nas autoescolas levan xa anos notando este incremento. Por exemplo, no exame teórico, poden chegar a duplicar o número de alumnos.

Explican que para o exame práctico estes futuros condutores necesitan unha media de 26 ou 30 prácticas. Por iso, fan un auténtica carreira contra o reloxo para poder chegar a tempo. 

A demanda increméntase case un 50 % na época estival. Aseguran que é unha das épocas de maior traballo para as autoescolas, que se empregan a fondo para formar estes futuros condutores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade