Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptado na A-52 un camioneiro que circulaba sen carné e levaba a tarxeta do seu irmán xemelgo

Interceptado na A-52 un camioneiro que circulaba sen carné e levaba a tarxeta do seu irmán xemelgo

Ademais confirmaron que non tiña o permiso de conducir en vigor por perder todos os puntos asignados e que nunca obtivera o permiso da clase C, que habilita para conducir vehículos articulados como o que levaba

G24.gal 05/11/2024 16:39

A Garda Civil investiga un condutor que foi sorprendido ao volante dun tráiler articulado (de transporte de vehículos) co permiso de conducir retirado por perda de puntos e sen carné de clase C, que ademais levaba no tacógrafo a tarxeta identificativa do seu irmán xemelgo.

Segundo informou a Comandancia de Ourense, produciuse na A-52 e, nun principio, tratou de enganar aos axentes mostrándolles a documentación do seu irmán xemelgo, aínda que os funcionarios xa sabían que non era a primeira vez que tentaba facerse pasar polo seu familiar.

Ante as sospeitas, os gardas realizaron unha inspección exhaustiva do vehículo, no que acharon o DNI do verdadeiro condutor.

Ademais, puideron confirmar que o home interceptado non tiña o permiso de conducir en vigor por perder todos os puntos asignados, e que nunca obtivera o permiso da clase C, que habilita para conducir vehículos articulados como o que levaba.

Por iso, a Garda Civil instruíu dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria, e o condutor enfróntase a penas de prisión (de 3 a 6 meses), multa de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade. Igualmente, atribúeselle un suposto delito de falsidade documental por substituír a tarxeta de condutor no tacógrafo, e tamén se investiga ao seu irmán como cooperador necesario nese delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade