Publicador de contidos
Publicador de contidos

A mocidade opta por sacar o carné de conducir en dous anos ante a demora de meses para examinarse

A mocidade opta por sacar o carné de conducir en dous anos ante a demora de meses para examinarse

A provincia da Coruña pasou de vinte examinadores a menos de dez

G24.gal 21/08/2024 21:41

As autoescolas recoñecen que teñen lista de espera para examinarse do carné de conducir todo o ano. A causa: realízanse menos exames e faltan examinadores de Tráfico.

"Agora mesmo hai dez e acaban de comunicarnos que dous causan baixa na provincia da Coruña, de vinte que estaban antes. E de quince probas que facían, agora fanse doce. Así que temos menos da metade dos examinadores e fan menos probas polo que ao final non hai capacidade de exames", aclara Pablo Pérez, presidente da Asociación de Autoescolas da provincia da Coruña.

No verán a situación agrávase. Rematada a época de estudos, a mocidade matricúlase coa intención de obter o carné en pouco tempo. O primeiro atranco é a lista de agarda "que mínimo é de tres meses. Unha persoa que quizais aprobe o teórico en xuño igual ten opcións de sacar o permiso no verán, pero se é en xullo ou agosto, xa imposible". 

Ante as dificultades optan por buscar alternativas. "O que está a facer a xente ultimamente é sacar o teórico nun ano e logo no seguinte presentarse ás probas prácticas". 

Unha opción que carece de consecuencias para o peto de quen aspira a examinarse porque "aprobando o teórico dispoñen de dous anos para obter o permiso sen pagar taxas. É simplemente un adiamento no tempo". Opción á que se suma, cada vez máis, a xente nova.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade