O carné B1 permitirá conducir con 16 anos cuadriciclos eléctricos a 90 km/h
O carné B1 permitirá conducir con 16 anos cuadriciclos eléctricos a 90 km/h
A Dirección Xeral de Tráfico estuda crear unha nova categoría, da que se terán que examinar
A intención é mellorar a formación viaria e reducir a sinistralidade
O novo carné xa existe en Italia, Francia e Portugal
A intención da Dirección Xeral de Tráfico é recoller a opinión da cidadanía e das asociacións sobre a posibilidade de poder conducir aos 16 anos.
Supón incorporar un novo carné, o B1, e o obxectivo é mellorar a capacitación e a formación dos condutores, pero tamén reducir a sinistralidade. Por iso, só poderán guiar un vehículo pequeno e que non supere os 90 quilómetros por hora. Ten que ser un cuadriciclo eléctrico.
Para conseguir o permiso B1 deberán superar igualmente un exame teórico e outro práctico. En Italia, Francia e Portugal xa se utiliza, e nos próximos meses podería ser unha realidade en España.