Publicador de contidos
Publicador de contidos

Auxilian un condutor atrapado e varios camións en problemas pola neve en Pedrafita

Auxilian un condutor atrapado e varios camións en problemas pola neve en Pedrafita

As fortes nevaradas tamén sorprenderon un grupo de peregrinos na zona

G24.gal 18/01/2023 16:35

Axentes da Garda Civil tiveron que intervir este mércores para rescatar a un condutor que quedou atrapado na estrada autonómica LU-633, no alto do Poio, en Pedrafita do Cebreiro (Lugo), como consecuencia das copiosas nevadas das últimas horas.

Os axentes, con axuda dun todo terreo, lograron sacar o coche e o seu condutor dunha zona onde a neve lles chegaba, nalgúns puntos, case á altura do xeonllo.

Problemas para os camións

Ademais, con axuda de cadeas atadas aos seus propios vehículos todo terreo, axentes da Garda Civil tamén axudaron a saír varios camións que tiñan dificultades para poñerse de novo en camiño tras parar na zona de descanso de Pedrafita do Cebreiro.

A neve dá un susto aos peregrinos

Outra patrulla da Garda Civil auxiliou un grupo de peregrinos que se viu sorprendido pola intensa nevada en Pedrafita.

Os axentes comprobaron que levaban o equipamento adecuado para continuar a súa travesía, polo que lles permitiron seguir a súa marcha.

Foron informados, en todo caso, das zonas de refuxio seguras, por se as condicións do temporal empeoran nas próximas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade