Publicador de contidos
Publicador de contidos

Auxilian sete persoas que se bañaron no mar con bandeira vermella en Valdoviño

Auxilian sete persoas que se bañaron no mar con bandeira vermella en Valdoviño

Producíronse dous rescates e en ambos os casos había menores que estaban acompañados polo pai

G24.gal 11/07/2023 13:11 Última actualización 11/07/2023 22:11

"Malia ondear a bandeira vermella e as advertencias do servizo de salvamento, a entrada á auga de bañistas foi constante" na praia da Frouxeira de Valdoviño durante a xornada do luns, tal como confirmou o propio Concello. 

Por mor dese comportamento imprudente, foron necesarios dous operativos de rescate. A primeira intervención rexistrouse ao redor das 17:30 horas, cando se auxiliou "a un pai e ás súas dúas fillas menores de idade", mentres que menos dunha hora despois foi preciso "sacar da auga un home e o seu fillo menor de idade" xunto cos dúas persoas máis.

Dous dos rescatados tiveron que ser trasladados ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol: un home de 43 anos e unha muller de 21 anos.

Estes rescates súmanse aos cinco que se rexistraron a semana pasada en varios areais de Valdoviño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade