Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso amarelo por calor na bacía do Miño de Ourense e Pontevedra

Aviso amarelo por calor na bacía do Miño de Ourense e Pontevedra

O 22 e 23 de agosto superaranse os 36 graos na provincia de Ourense e os 34 na de Pontevedra, segundo Meteogalicia

A este aviso sumarase tamén este martes a comarca de Valdeorras

O aviso amarelo estenderase mañá a comarca de Valdeorras
G24.gal 22/08/2022 10:34 Última actualización 22/08/2022 14:32

A zona do Miño nas provincias de Ourense e Pontevedra estarán este luns e martes, 22 e 23 de agosto, en aviso amarelo por altas temperaturas, segundo informa Meteogalicia.

En concreto, na zona do Miño en Ourense agárdanse temperaturas que superen os 36 graos en ambas as xornadas. A este aviso sumarase tamén o martes a comarca de Valdeorras.

A zona do Miño na provincia de Pontevedra estará en alerta por temperaturas que pasarán dos 34 graos en ambas as xornadas, segundo as previsións.

Unhas temperaturas que acrecentan o problema da seca que xa leva sufrindo a conca do Miño-Sil este verán, que vai camiño de ser dos máis calorosos desde que hai rexistros.

Meteogalicia informa de que comezará esta semana con tempo solleiro xeneralizado en Galicia, salvo nubes baixas e néboas na metade norte e nalgúns vales do sur que tenderán a disiparse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade