As montañas de Ourense e Lugo permanecen en aviso amarelo por nevaradas
As montañas de Ourense e Lugo permanecen en aviso amarelo por nevaradas
A estación de Manzaneda estrea a tempada de branco pero coas pistas pechadas
Pedrafita vive a súa segunda xornada de neve no que vai de outono
As montañas de Lugo e de Ourense continúan en aviso amarelo por nevaradas. Agárdanse acumulacións de ata dez centímetros en 24 horas por riba dos 800 metros.
Na estación de Montaña de Manzaneda celebran a chegada das primeiras folerpas. A temporada de inverno non podía empezar mellor.
As pistas de esquí aínda non están abertas pero hai unha chea de actividades por facer.
A xente miúda é a que máis goza.
Esta fin de semana de estrea, o aloxamento está todo completo. Ata cinco graos negativos baixaron este sábado as temperaturas.
Neve na montaña de Lugo
Nas zonas máis altas da provincia de Lugo, a neve veu acompañada dun frío intenso. A temperatura máxima non superou os tres graos.
Pedrafita do Cebreiro viviu a súa segunda xornada de folerpada no que vai de outono. A capa amoreada chegou a roldar os dez centímetros de grosor.
O manto branco que cobre a montaña se volveu converter nun parque de atraccións para todos os públicos.
Nas vindeiras horas a cota irá ascendendo, pero con todo hai que extremar as precaucións na estrada. As vías principais están limpas de neve.