Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso amarelo por vento e ondas no litoral da provincia da Coruña e da Mariña luguesa

Aviso amarelo por vento e ondas no litoral da provincia da Coruña e da Mariña luguesa

Nas próximas horas vaise intensificar a chuvia

G24.gal 01/01/2024 20:25 Última actualización 01/01/2024 20:39

Primeira xornada do ano que deixa un mar embravecido soprando o vento con forza, con mar de fondo e intensidade en aumento.

Está activado o aviso amarelo desde a Costa da Morte ata Ribadeo. Amais do vento no mar e as ondas, nas próximas horas intensificarase a chuvia.

E non foron poucos os que aproveitaron e saíron dar unha camiñada preto do mar. 

Mañá martes a situación empeora pasando a aviso laranxa por vento no litoral da provincia da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade