Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta amarela pola calor na comarca de Valdeorras e na conca do Miño

Alerta amarela pola calor na comarca de Valdeorras e na conca do Miño

Prevese que a vaga de calor teña unha duración de tres días

Alcanzaranse temperaturas de ata 36 graos en Petín

A vaga de calor que afectará a España será das máis cálidas desde que hai rexistros

Imaxe de arquivo
G24.gal 07/08/2024 17:52 Última actualización 08/08/2024 14:17

Valdeorras e a conca do Miño en Ourense estarán este xoves en alerta amarela ao esperarse temperaturas que poden superar os 36º C.

Segundo Meteogalicia, o aviso, debido á entrada dunha masa de aire cálido, comezará ás 15:00 horas e estenderase ata as 21:00 horas da mesma xornada.

Pola súa banda, a Xunta alertou de que este episodio de calor na comarca de Valdeorras afectará principalmente este xoves e está prevista unha duración de tres días.

Desta forma, a zona de alerta amarela pola onda de calor será a zona de Valdeorras, que engloba aos concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

Esta noite en Ourense os termómetros non baixaron dos 20 graos. Unha calor que vai a ir a máis.

Este venres notaremos xa un incremento das máximas ainda que será o sábado cando segundo AEMET porderemos chegar ata os 42 graos na cidade das burgas.

Os avisos estenderarse tamén a bacía do Miño en Pontevedra e o sábado a boa parte da comunidade con máximas por riba dos 34 e 36 graos e máis de 40 na conca do miño en Ourense onde o aviso será laranxa

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade