Activados avisos por calor en dez comunidades, con máximas por riba dos 40 graos
Activados avisos por calor en dez comunidades, con máximas por riba dos 40 graos
En Galicia agárdanse máis de 36 graos na conca do Miño en Ourense e Pontevedra
Dez comunidades autónomas están en alerta por calor nas horas centrais do día, cando se agarda que os termómetros superen os 40 graos en moitos puntos do país. Mesmo en Córdoba, Granada, Xaén e Sevilla poderían superar eses valores.
Os avisos meteorolóxicos activados este domingo son de nivel laranxa (risco importante) en amplas zonas de Castela-A Mancha e de Estremadura, segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía.
Ademais, hai avisos amarelos en Andalucía, Aragón, Castela e León, Cataluña, Galicia, Madrid, Comunidade Valenciana, a illa de Gran Canaria e noutros puntos de Estremadura e Castela-A Mancha.
En Galicia, as máximas previstas sitúanse na conca do río Miño, nas provincias de Pontevedra e Ourense, onde se poderían superar os 36 graos.