Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso laranxa en todo o litoral galego

Aviso laranxa en todo o litoral galego

As ondas, de ata dez metros, obrigaron a amarrar a maior parte da frota

G24.gal 26/02/2024 21:44 Última actualización 26/02/2024 22:02

O temporal costeiro, de mar combinado e con ventos de forza 7-8, mantivo a maior parte da frota de baixura amarrada a porto un día máis. Na Costa da Morte, só algún se aventurou a saír a traballar na ría.

"Quedan ao abrigo da costa e poden saír, sempre con moita precaución e en grupo, dous ou tres ou catro... É bo que saian para que haxa peixe.", di un mariñeiro.

Ao norte de Fisterra, as ondas superaron de sobra os nove metros. Os mariñeiros levan xa cinco días sen poder saír a pescar.

"Aquí, como pase unha semana así, reséstense as familias".

"Está mal tempo, pero que lle vas facer... o inverno é o inverno", afirman os veciños.

A forza do vento tivo refachos de 98 quilómetros por hora na Coruña, onde se fixo moi complicado por momentos camiñar pola zona próxima ao paseo marítimo. No concello lugués de Muras, medíronse refachos de ata 114 quilómetros por hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade