Cargando resultados...
Aviso amarelo por neve no interior e laranxa no litoral norte
Aviso amarelo por neve no interior e laranxa no litoral norte
Ondas de máis de cinco metros e ventos de forza 7 durante a fin de semana
Rosafer
26/11/2021 21:10
Ademais das precipitacións e as baixas temperaturas a fronte fría que vai afectar a Galicia durante a fin de semana vai traer tamén temporal costeiro.á
Este sábado actívase o aviso laranxa no litoral, entre Fisterra e Ribadeo. Haberá mar combinado de norte noroeste con ondas de máis de cinco metros e vento forza sete.
Con estas circunstancias, protección civil lembra do perigo de achegarse a zonas rochosas e cantís.
Ademais, a cota de neve situarase nos 1.000 metros, e baixará ata os 800 co avance do día.