Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avisos por neve, chuvia, vento e mar no norte peninsular e nas Baleares

Avisos por neve, chuvia, vento e mar no norte peninsular e nas Baleares

O episodio invernal vai durar como mínimo ata o martes

O forte temporal de vento que azouta Cataluña deixa atrapados a 150 pasaxeiros nun tren

G24.gal 07/12/2024 14:26 Última actualización 07/12/2024 23:09

A AEMET ten en aviso outras doce comunidades, algunhas igualmente por mar e por vento, pero tamén hai avisos por chuvias e por nevadas. Estas últimas nos Pireneos -que a media tarde entran en risco extremo por acumulacións de neve-, na cordilleira cantábrica e en parte do sistema central.

A DXT pídelles aos condutores que consulten o estado das vías antes de saír.

Prevese que o temporal dure polo menos ata o martes.

O forte vento provoca 238 incidentes en Mallorca

Forte vento rexistrado nas últimas horas en Mallorca deixan ata preto 23 horas un total de 238 incidentes, segundo informou o 112.

Na illa Eivisa rexistráronse 2 e 5 en Menorca. As principais causas foron a caída de árbores, con 90 avisos, e os desprendementos de risco, que suman 76 casos. O municipio de Palma foi o máis afectado cun total de 101 sucesos polo forte vento. O Servizo de Emerxencias de Baleares 112 pediu aos cidadáns que teñan moita precaución.

Incidencias por vento en Cataluña

De momento, o temporal xa está provocando varías incidencias. En concreto en Cataluña, o forte temporal de vento que azouta boa parte da Comunidade desde o mediodía deste sábado, con refachos de ata 100 quilómetros por hora, deixou atrapados a 150 pasaxeiros dun tren pola caída dunha árbore en Marçà, na provincia de Tarragona,  e obrigou a cortar a N-260 na comarca xerundense do Empordà.

O forte vento que se rexistra este sábado na provincia de Castelló, en cuxo interior norte estableceuse o aviso laranxa, deixou refachos de 129 quilómetros por hora en Rosell, na comarca castellonenca do Baix Maestrat.

Tamén houbo rexistros de 109 quilómetros por hora en Sant Mateu; 105 en Vila de Cans e en Xert; 103 km/h en Illes Columbretes; ou 100 km/h en Catí, segundo informa o Centro de Emerxencia da Generalitat con datos da Asociación valenciana de meteoroloxía (Avamet).

Previsións para a península da AEMET ás 18 horas deste sábado:

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar