A neve puxo cinco comunidades en risco extremo
A neve puxo cinco comunidades en risco extremo
Este luns seguirá nevando, pero iranse retirando os avisos vermellos
Tamén van ir a menos o mar e o vento, aínda que preocupa que se desborde algún río
A neve foi o fenómeno meteorolóxico máis significativo este domingo nas montañas de boa parte da metade norte peninsular.
Foi motivo de gozo para os que se achegaron a vela, pero tamén puxo en risco extremo os Pireneos oscense e navarro; o Val de Arán, en LLeida; e a cordilleira cantábrica en Asturias, León e Palencia, por acumulacións de neve de 40 centímetros en 24 horas.
Este luns prevese que siga nevando e, aínda que se van ir retirando os avisos vermellos, non se descartan precipitacións leves de neve incluso en cotas altas da metade sur peninsular.
Tamén van ir a menos o temporal de mar e o de vento. Pero este episodio invernal non se dará por concluído ata o mediodía do martes. Ademais a confederación hidrográfica do Ebro avisou do posible aumento de caudal de varios ríos nos próximos días polas precipitacións acumuladas.