Cargando resultados...
O frío está tardando en chegar, e iso está atrasando a matanza do porco nas casas
O frío está tardando en chegar, e iso está atrasando a matanza do porco nas casas
Por mor estas temperaturas suaves estase atrasando a época das matanzas, pero tamén é unha tradición que xa se está a perder
Para que non se estrague a carne cómpre que faga frío, din que o mellor é o tempo de xeada, seco e solleiro
G24.gal
06/12/2024 22:03
Última actualización 06/12/2024 23:09
Tradicionalmente estes días da ponte da Constitución aprovéitanse para facer as matanzas do porco. E malia que cada vez hai menos xente que cebe e mate o animal na súa casa esta práctica aínda se mantén en moitas zonas rurais. Pero o que nos contan é que este tempo húmido e de temperaturas suaves non é bo para facer a matanza.