Publicador de contidos
Publicador de contidos

Axentes ambientais sancionan un furtivo que pescaba con nasa no Miño

Axentes ambientais sancionan un furtivo que pescaba con nasa no Miño

Trátase dun veciño da zona, de 65 anos, que empregaba unha nasa

Os axentes ambientais levaban dous meses investigándoo

O infractor enfróntase a unha sanción que pode ir dos 3.000 aos 30.000 euros

G24.gal 23/08/2022 13:30

Collido na allada en Lugo un furtivo que pescaba con nasa no Miño. Os axentes ambientais levaban dous meses investigándoo ata que lograron pillalo realizando a actividade ilegal. Confiscáronlle a embarcación e o material. O infractor enfróntase a unha sanción que pode ir dos 3.000 aos 30.000 euros.

Levaban dous meses tras a pista. Os axentes ambientais sabían que na zona de Ombreiro, no concello de Lugo, había alguén pescando ilegalmente nas augas do Miño. Nos últimos 11 días intensificaron a vixilancia ata que lograron collelo na allada. 

"Cinco ou seis axentes pasaron día e noite agochados, cunha dedicación case exclusiva", di Ramón Parga, axente ambiental. José Luis Espiñeira, outro axente ambiental da Xunta di que estiveron tombados no chan para collelo na allada.

Trátase dun veciño da zona, de 65 anos, que empregaba unha nasa. A pesca furtiva nos ríos galegos reduciuse nos últimos anos grazas á persecución desta actividade ilegal.


"Fano máis ben por tradición, para comer as troitas na casa e tamén ás veces nalgún restaurante, aínda que os que o fan con este fin utilizan outras prácticas, como pode ser a pesca eléctrica".


E tamén a que a normativa galega contempla importantes sancións.

"Son dunha contía elevada. A xente sábeo, pero arríscase".

A acción dos furtivos prexudica a fauna e os demais pescadores.


"As troitas que se capturan a partir de que finaliza a pesca con morte o 31 de xullo, son troitas que xa non van criar." cóntanos Alexandre Pérez, un pescador.


O furtivo pode recibir unha sanción que vai dos 3.000 aos 30.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade