Axudar cos deberes non beneficia o alumno
Axudar cos deberes non beneficia o alumno
Un novo estudo mundial asegura que a implicación da familia debe limitarse a fomentar a autonomía do alumno e axudarlle a organizarse
Na investigación participaron 400.000 persoas e recolleronse datos ao longo de 30 anos
Ante a pregunta de se axuda os seus fillos e fillas cos deberes, a resposta que máis se repite é: "Algo si"; "Si, si"
Un novo estudo sobre as tarefas escolares di que este xesto, en vez de axudar, o que fai é prexudicar o alumno.
"Pensaba que se lle botaba unha man e estudaba eu con ela e tamén me vía estudando a min, que era bo. Agora din que non, non o sei", conta unha nai.
Nin controlar o tempo que botan facendo os deberes nin explicar contidos e moito menos resolverlles as tarefas...
"Poñíalles exemplos, ditáballes o que tiñan que copiar e eles sacaban as súas propias conclusións", explica outra nai.
A familia só debe estar de apoio, favorecer a autonomía do alumno e darlle as ferramentas necesarias para que saiba organizarse.
"Creo que sobreprotexer os fillos está mal", di unha nai. "Sempre lles axudaba, pero deime de conta que non era o correcto", engade un pai.
Aínda que son moitos os estudos realizados sobre a implicación das familias nos deberes, este é o de maior magnitude. Os datos que analiza recolléronse ao longo de 30 anos, e na mostra participaron preto de 400.000 persoas.