Publicador de contidos
Publicador de contidos

Balizar o trazado da A-8 con luz láser no Fiouco axudará a minimizar os problemas da néboa

Balizar o trazado da A-8 con luz láser no Fiouco axudará a minimizar os problemas da néboa

Un raio láser delimitará a calzada no alto do Fiouco

Transportes aínda ten que redactar o proxecto e licitar a obra

G24.gal 27/05/2023 14:01 Última actualización 27/05/2023 14:10

Nove anos despois da súa apertura ao tráfico, chega unha posible solución para que se poida transitar pola A-8 ao seu paso polo Fiouco todos os días do ano, mesmo cando se produce a brétema tan mesta que adoita haber nesta zona, moitas veces durante o verán, unha solución esixida por todos logo de que Fomento investira 200 millóns de euros para 16 quilómetros de autovía que moitos días permanecen pechados ao tráfico debido á visibilidade nula que ocasionou un accidente múltiple en 2014 no que morreu unha persoa e houbo medio cento de feridos.

A solución escollida polo Ministerio consiste na colocación de balizas cada 24 metros unidas por un raio láser que vai delimitando o trazado da calzada polo que se debe conducir. Ademais, o sistema está deseñado para advertir se algún vehículo non garda a distancia de seguridade ou se hai algún obstáculo nesta vía que vertebra o Cantábrico.

Algúns condutores recean da solución que vai adoptar o Ministerio.

As balizas abasteceranse de enerxía por placas solares e non producirán contaminación lumínica. O Ministerio fixo probas do prototipo nos días que o tramo da autovía estivo pechado ao tráfico pola brétema.
Estase redactando o proxecto e, tras a súa aprobación, licitaranse as obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade