Publicador de contidos
Publicador de contidos

A néboa provoca cancelacións e desvíos no aeroporto de Alvedro

A néboa provoca cancelacións e desvíos no aeroporto de Alvedro

Moitos viaxeiros quéixanse da falta de información

G24.gal 03/10/2024 14:17

Hoxe tocou armarse de paciencia aos que a primeira hora da mañá tiñan previsto coller un voo dende este aeroporto de Alvedro. Os máis afectados os de primeira hora con destino Madrid, xa que o seu voo foi cancelado.

Todo por mor dunha néboa moi mesta que tamén acabou desviando ao aeroporto de Santander outro voo procedente de Valencia e obrigou dous máis a estar ata unha hora sobrevoando o ceo ata que finalmente conseguiron aterrar. Moitos viaxeiros queixábanse da falta de información.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade