Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un aeroporto de Nova Zelandia limita a tres minutos as apertas de despedida na terminal

Un aeroporto de Nova Zelandia limita a tres minutos as apertas de despedida na terminal

Para despedidas máis longas invita os usuarios a facelo no aparcadoiro

De momento, trátase só dunha recomendación 

Cartel no exterior do aeroporto de Dunedín, en Nova Zelandia
G24.gal 23/10/2024 14:25

As longas e emotivas apertas de despedida no aeroporto poden ter os días contados. Nunha das cidades máis importantes de Nova Zelandia, Dunedín, a dirección do aeroporto limita a tres minutos o tempo de apertas. Din que para axilizar o paso de pasaxeiros na terminal. As redes sociais non tardaron en reaccionar: con detractores, pero tamén con xente a favor.

Se é vostede de longas e cariñosas despedidas e vai ao aeroporto de Dunedín, fágase á idea de que só conta con tres minutos. Unha medida con polémica. Os letreiros son ben claros. Tres minutos, e para despedidas máis longas usar o aparcadoiro.

Incomprensible para moitos. Para outros aínda é tempo de máis. Os críticos coa medida consideran que vulnera as liberdades individuais. A dirección do aeroporto di que se trata máis ben dun recordatorio para manter despexada a zona de saídas, e que non haberá control policial nin pretende ser severo na aplicación, polo menos de momento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade