Ayuso: "Nunca imaxinei que o meu partido actuase de forma tan cruel contra min"
Ayuso: "Nunca imaxinei que o meu partido actuase de forma tan cruel contra min"
Ayuso: "Non pode haber nada máis grave que acusar de corrupción a alguén da propia casa con responsabilidades de goberno de corrupción"
“As declaracións que publican os medios e que veñen da contorna de Pablo Casado e que el non desmente son o peor que se pode esperar", asegurou Ayuso
O PP pediu explicacións a Ayuso por un contrato relacionado co seu irmán, pero nega que a espiase
En setembro do ano pasado, a dirección nacional do PP decidiu investigar se o irmán de Isabel Díaz Ayuso cobrara algunha comisión por un contrato público por valor dun millón e medio de euros, para mercar máscaras. Reuníronse daquela en Génova coa presidenta madrileña, quen negou as supostas irregularidades, como volveu facer este xoves.
Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid:
"Poderei cometer erros pero non irregularidades. As declaracións que durante toda a mañá están publicando os medios de comunicación, que proveñen do entorno de Pablo Casado e que el non desmite, son o peor que se pode esperar dos políticos, e faino dende o anonimato. Que a oposición me ataque é lóxico, pero que o faga a dirección do meu partido, porque quero presetarme ao Congreso do PP en Madrid, é insensato"
Varios medios de comunicación apuntan a que dirección do PP tentou contratar, a través dun traballador dunha empresa do concello de Madrid, un detective para, supostamente, espiar o irmán de Ayuso . Dende Génova négano. Tamén o alcalde da cidade.
José Luis Martínez-Almeida Alcalde de Madrid
"Non imos permitir, en ningún caso, que o concello de Madrid poida ser utilizado con fins espúreos ou partidistas".
A presidenta da Comunidade de Madrid, compareceu a primera hora desta tarde perante os medios de comunicación. Isabel Díaz Ayuso acusou a dirección nacional do PP de actuar contra ela dun xeito "tan cruel" acusándoa de casos de corrupción e "facéndoo sen probas implicando a miña familia" no asunto.
Díaz Ayuso compareceu dende a sede da Presidencia de Madrid, a Real Oficina de Correos, para explicar as supostas irregularidades nun contrato de 1,5 millóns de euros relacionado co seu irmán e a presunta espionaxe realizada desde o PP nacional a través da Sociedade Municipal de Vivenda e Solo, (EMVS) para investigar o seu contorno familiar.
A presidenta madrileña asegurou que as declaracións que se publican nas últimas horas dende o contorno da dirección de Génova amosan "o peor da política". "Non pode haber nada máis grave que acusar de corrupción alguén da propia casa con responsabilidades de goberno", dixo Díaz Ayuso .
A comparecencia da presidenta madrileña estivo chea de frases contundentes contra a dirección do seu partido:
"Aínda que a vida política está chea de problemas, nunca puiden imaxinar que a dirección nacional do meu partido actuaría de forma tan cruel e inxusta contra min".
"É moi doloroso que os dirixentes do teu partido, en vez de apoiarte, sexan os que te queiran destruír. O feito de elaborar un expediente non era buscar ningunha verdade, senón desacreditarme persoal e politicamente".
"A operación é de abril de 2020, pero sóubeno polo presidente do meu partido, Pablo Casado, cando fun ao seu despacho en setembro para falar da situación do partido e do congreso. Para a miña sorpresa, respondeume que tiña coñecemento desta operación e que pensaba que era ilegal. Díxome que o expediente llo colgaran dende a Moncloa".
"Que proben que houbo tráfico de influencias. Que proben que houbo un só contrato irregular. Que demostren que non son honrada".
"Se os dirixentes do PP quixeran aclarar algún contrato tan só tiñan que pedilo porque todos están no Portal de Transparencia".
" Agora que se sabe publicamente, e que o admiten, pido que se depuren responsabilidades tanto no nacional como no autonómico".
"Espero que a Dirección Nacional do Partido Popular demostre que obriguei a facer calquera contrato con alguén. Que acrediten que houbo tráfico de influencias, que acrediten que houbo un único contrato irregular, que demostren que non son honesta".
"Quero que de maneira democrática se dea voz aos afiliados e se actúe conforme á lei, porque desde hai un ano estase incumprindo a lei orgánica de partidos".
"Devolvín o compromiso con Pablo Casado, pasando dos 22 escanos que nos deron as urnas en xaneiro de 2019 á maioría absoluta que, estou convencida, temos hoxe."
"Gustaríame saber cantos votos conseguiron para o Partido Popular todos os que levan meses agredíndome".