Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baiona, a localidade coa vivenda máis cara de Galicia

Baiona, a localidade coa vivenda máis cara de Galicia

2.800 euros o metro cadrado

O Concello ten prevista a construción de 4.000 vivendas e tamén rehabilitacións

G24.gal 26/05/2024 14:23

Baiona, unha localidade das máis turísticas de Galicia, ten as vivendas máis caras do país. Segundo unha estimación de Fotocasa, a media por metro cadrado é de máis de 2.800 metros.

O goberno local ten prevista a construción de case 4.000 vivendas novas pero tamén rehabilitación e quere paralizar a concesión dos apartamentos turísticos con efectos perniciosos a longo prazo, porque quere apostar pola poboación estable.

Moitos empezan xa a notar na vila que os máis mozos non poden asumir a compra dun inmoble ou que ás veces teñen que irse das casas no verán.

O gran reto do concello que xa está a reforzar a área de urbanismo é conxugar a riqueza e a vida que xera o turismo na vila coa calidade de vida dos baioneses e que podan asumir o custo de vivir no concello en que naceron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade