Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baiona recorda a Beatriz Lijó no primeiro aniversario do asasinato a mans do exmarido

Baiona recorda a Beatriz Lijó no primeiro aniversario do asasinato a mans do exmarido

O asasino confeso hai meses que rexeita comunicarse co seu avogado defensor

A instrución xudicial do caso está pendente de resolver se os fillos da vítima deben declarar durante a vista oral

G24.gal 05/02/2024 16:13

Fai xa un ano do asasinato de Beatriz Lijó en Baiona a mans do seu exmarido. O asasino confeso esta no cárcere da Lama e a instrución está á espera de que o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) decida se teñen que declarar os dous pequenos da parella que forman testemuña deste crime machista.

Familia e veciños de Bea Lijó uníronse nun minuto de silencio no concello de Baiona na honra desta avogada e funcionaria que morreu hai un ano a mans da súa exparella. Por ela e tamén para amosar o apoio das institucións a todas as vítimas de violencia machista para que saiban que teñen apoios e lugares onde as poden axudar.

As probas acurralan o asasino confeso de Bea Lijó un ano despois da súa morte. Dende entón permanece no cárcere da Lama. Foi privado cautelarmente da patria potestade dos fillos e de calquera contacto con eles e hai meses que rexeita comunicarse co seu avogado defensor.

Trátase dun profesor do que Beatriz se separara o ano 2017 de xeito traumático. Atacouna cun coitelo e un machado cando lle ía entregar os fillos de 6 e 9 anos logo de pasar a fin de semana con eles.

Os cativos presenciaron o crime e a instrución do caso está á espera de que o Imelga decida se teñen que declarar. Un xuízo con xurado popular en que o acusado fará fronte aos cargos de asasinato con aleivosía e asañamento, coa concorrencia das agravantes de xénero e parentesco, así como de dous delitos de lesións psíquicas aos menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade