Descende o consumo de conservas pola alza do prezo do aceite de oliva
Descende o consumo de conservas pola alza do prezo do aceite de oliva
As conservas son entre un 15 % e un 20 % máis caras que hai un ano
O sector estuda outras alternativas, como substituír o aceite de oliva polo aceite de xirasol
O aceite incrementou o seu prezo un 85 por cento no último ano. Isto obrigou ás conserveiras a subir os prezos para non entrar en perdas.
Subas entre o 15 e o 20 por cento que retraen o consumo de conservas nos supermercados.
A situación é crítica, cunha baixada do consumo de conserva dun dez por cento no que vai de ano. As empresas estudan novas fórmulas para poder continuar coa produción.
España é o segundo produtor mundial de conserva, con 300.000 toneladas anuais, das que a metade levan aceite de oliva.
Cren que o peor está por chegar, cando os produtores repercutan o prezo que están pagando agora polo aceite, máis caro que o da campaña do ano pasado pola escaseza da produción debida, entre outros factores, á seca.