Baixan os contaxios na área da Coruña, pero seguen por riba dos 1.000 positivos diarios
Baixan os contaxios na área da Coruña, pero seguen por riba dos 1.000 positivos diarios
Frea o crecemento dos casos activos, que hoxe son 14.747
Camariñas, Carballo e Vimianzo teñen incidencias acumuladas por riba dos 4.000 casos
Comeza a semana con menos contaxios na área da Coruña, pero seguen a ser máis de 1.000 positivos nun día.
"Son moitísimos por todas partes, menos mal que imos avanzados na vacinación, a ver se acaba isto e ven boa Semana Santa", din algúns veciños.
O número de casos activos na área medra, pero a menor ritmo ca nos últimos días, e sitúase por riba dos 14.700 casos. As incidencias acumuladas seguen en niveis de alto risco en case todos os concellos.
O peor dato está en Camariñas, onde cada vez son máis os veciños que poden falar do virus por experiencia propia.
"Na miña casa todos, netos, fillos, nós, todos. Doen os ósos, quítase a gana de comer. É preocupante pola xente maior e ter que estar pechados na casa", comenta a xente polas rúas de Camariñas.
Os ingresos seguen en ascenso nos hospitais desta demarcación, que teñen 148 camas ocupadas por covid, oito máis ca onte. Un dato que invita a extremar a precaución na área con maior presión hospitalaria de Galicia.