As vendas de aceite de oliva baixan un 23 %
As vendas de aceite de oliva baixan un 23 %
Baixa a produción, baixan as vendas e o prezo acada máximos históricos
O sector do aceite de oliva non está pasando polo seu mellor momento. As vendas caeron un 23 % neste primeiro trimestre, un descenso que xa se viña notando a finais do ano pasado. O prezo pode estar detrás.
Pola nosa cultura, o aceite de oliva é un dos imprescindibles na cociña.
O alto prezo que está acadando obriga moita xente a usar menos, de aí a caída do consumo.
A seca extrema lastrou a campaña da oliva o ano pasado, que foi a de menor produción de toda a década. As temperaturas tan altas deste abril, xusto no momento da floración das oliveiras están poñendo en perigo a deste ano.
Cunha produción en mínimos, cos custos de fabricación disparados, á mente dos olivareiros volve a crise de finais do século pasado cando o litro de aceite acadou as 700 pesetas.