Publicador de contidos
Publicador de contidos

Barbero: "Mella e Yeremay non teñen teito, temos que aproveitalo"

Barbero: "Mella e Yeremay non teñen teito, temos que aproveitalo"

 O dianteiro non está preocupado polos goles: "É parte do fútbol, podo achegar outras moitas cousas"

Foto @RCDeportivo
G24.gal 01/10/2024 12:45 Última actualización 01/10/2024 12:51

Iván Barbero ten claro que o Deportivo debe aproveitar o bo momento de forma que atravesan Yeremay e David Mella, os dous xogadores polos que pasan todos os goles brancos e azuis:

"Vese que van ter unha gran proxección, son moi novos. Non me sorprende".

"Non teñen teito e temos que aproveitalos ao máximo".

O ariete almeriense regresou ao once titular a pasada fin de semana e o seu equipo gañou. Aínda que non anotou, deixou dúas asistencias. Os números, aínda que todos os 9 queren facer goles, non lle preocupan:

"A ningún dianteiro lle gusta fallar, pero é parte do fútbol e do proceso. Pero podo dar moitas cousas positivas ao equipo. O gol máis tarde ou cedo vai chegar".

Ao que engade que pode dar "outras cousas" ao equipo. Barbero reivindícase polo seu traballo sen balón e o seu complementaridade cos homes de ataque:

"Aínda que non me estean entrando os goles, creo que o meu traballo defensivo, o que podo achegar na presión, en ser agresivo, en gañar duelos… xerar ese espazo para que o aproveiten os que estean a xogar no momento que toque. Ter esa presenza na área e achegar esas cousas positivas ao equipo que podo dar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar