Publicador de contidos
Publicador de contidos

Barreiros quintuplica a súa poboación no verán pero mantén os mesmos recursos

Barreiros quintuplica a súa poboación no verán pero mantén os mesmos recursos

As praias e oito quilómetros de costa son os principais atractivos deste concello da Mariña lucense

O censo habitual é de pouco máis de 3.000 veciños, pero en xullo e agosto recibe 16.000 persoas

G24.gal 07/07/2024 14:56 Última actualización 07/07/2024 17:03

No verán Barreiros quintuplica a súa poboación, tal é o atractivo turístico que ten este pequeno concello lucense da Mariña.

Supón un esforzo importante para o Concello, porque cos mesmos recursos ten que procesar, por exemplo, o dobre de residuos.

Con nove praias e oito quilómetros de costa, Barreiros hai tempo que atrae turismo e son moitos os que teñen aquí a súa segunda vivenda.

A poboación flotante pode chegar en Barreiros ás 16.000 persoas, mentres que o censo habitual é de 3.000.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade