Cargando resultados...
Batalla de fariña e farelos en Xinzo para dar a benvida ao Entroido
Batalla de fariña e farelos en Xinzo para dar a benvida ao Entroido
O Entroido limiao é un dos máis longos da península
A troula estenderase ata o 18 de febreiro, Domingo de Piñata
G24.gal
21/01/2024 20:41
Última actualización 21/01/2024 21:23
Esta fin se semana varias localidades da provincia de Ourense comezaron a celebración que levaban un ano agardando, o Entroido.
Rematou a conta atrás e Xinzo inaugurou a súa festa máis importante co Domingo Fareleiro. Polo día o protagonismo foi para a fariña e os farelos que tinguiron de branco a praza maior da vila.
Esta batalla, chea de enxeño e ganas de troula, abre a porta a un mes de festa. Porque o Entroido limiao é un dos máis longos da península. A celebración esténdese ata o Domingo de Piñata, que este ano é o 18 de febreiro.
Ademais, é o único Entroido galego declarado Festa de Interese Turístico Internacional.