Cargando resultados...
Belarra denuncia o veto de Sánchez e Díaz a Podemos para entrar no novo Goberno
Belarra denuncia o veto de Sánchez e Díaz a Podemos para entrar no novo Goberno
Asegura que o PSOE prefire ter unha esquerda dócil no Consello de Ministros
G24.gal
16/11/2023 13:42
Última actualización 16/11/2023 13:51
Coa investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno, dende este momento xa empezan as cábalas para formar o novo executivo. Todo parece indicar que non haberá representación de Podemos. Ione Belarra fala de veto. E asegura que o PSOE prefire ter unha esquerda dócil no Consello de Ministros.
En Sumar, de momento optan por evitar a controversia, prefiren buscar puntos de encontro e cren que o espazo político de Podemos está ben representado coa formación que dirixe Yolanda Díaz.