Bembibre, epicentro na arte dos bonsais cun centro de cultivo e talleres
Bembibre, epicentro na arte dos bonsais cun centro de cultivo e talleres
Fai todo o proceso de produción e ten unha tenda con todo o necesario para o seu coidado
En Galicia atópase todo un referente no cultivo dos bonsais de gran parte de España. Para desenvolver esta técnica orixinaria de Oriente hai que investir moitas doses de constancia e de paciencia. Bembibre é un dos epicentros desta arte que cada vez conta con máis afeccionados.
O bonsai naceu na China como un símbolo da eternidade, pero foron os xaponeses os que levaron as técnicas do cultivo e deseño ao máximo nivel de refinamento.
O galego Alberto Baleato fixo da súa afección a súa profesión actual deixando atrás o traballo de enfermeiro para entregarse de cheo a esta paixón. Pero que teñen os bonsais que enganchan?
Este bonsaísta galego rexenta un negocio especializado no cultivo destas árbores no centro de Bembibre, onde tamén imparte cursos teóricos e talleres prácticos. Fai todo o proceso de produción e ten unha tenda con todo o necesario para o coidado destas árbores.
Hai moitos mitos estendidos como que o bonsai non necesita moita auga ou que é de interior pero a súa zona de confort é o exterior.
Alberto, habitual dos concursos nacionais e europeos e viaxeiro frecuente do Xapón, explica que o bonsai é 95 % de agricultura e 5 % de arte porque o prioritario é que sexa unha árbore sa.
A partir desa base, e cos coñecementos e técnicas axeitadas, pódense crear verdadeira marabillas.