Amancio Ortega cobrará 2.217 millóns polo histórico dividendo de Inditex
Amancio Ortega cobrará 2.217 millóns polo histórico dividendo de Inditex
Ortega gañará este ano máis que o obtido durante o ano pasado por 27 das 35 empresas do IBEX, entre elas Telefónica, Naturgy ou o conglomerado aéreo IAG
Marta Ortega mantéra o seu salario dun millón de euros brutos en 2023
A presidenta non executiva da multinacional téxtil española Inditex, Marta Ortega, manterá para o exercicio de 2023 o mesmo salario do pasado, que ascende a un millón de euros brutos anuais, segundo o último informe sobre as remuneracións no grupo.Marta Ortega percibirá 900.000 euros anuais fixos e 100.000 euros máis pola súa condición de membro do Consello de Administración.
En canto á remuneración do conselleiro delegado, Óscar García Maceiras, tampouco terá variación o seu fixo anual de algo máis de 2 millóns de euros, ao que se suma polo exercicio de 2022 un variable a curto prazo de 3,75 millón outro a longo prazo de 1,035 millóns, que suman en total case 7 millóns sen incluír o beneficio bruto das súas accións (1,44 millóns).
Sobre as retribucións para o expresidente executivo Pablo Isla, o informe detalla que cobrou ou devindicará a suma de case 25,8 millóns de euros polo curso 2022 (1 de febreiro ao 31 de marzo), cantidade que inclúe a indemnización de case 23 millóns.
A esta cantidade súmanse case 10 millóns percibidos por Isla a conta do exercicio de 2021, á marxe da gratificación polo sistema de retribucións baseado en accións ou instrumentos financeiros (1,417 millóns) e sistemas de aforro.
O fundador e primeiro accionista de Inditex Amancio Ortega ingresará este ano 2.217 millóns de euros en concepto de dividendos da compañía, un 29 % máis, por riba dos 1.718 millóns de euros que percibiu por este concepto o ano pasado.
Amancio Ortega, o home máis rico de España
Amancio Ortega, que é o maior accionista do grupo, a través da sociedade Pontegadea, o seu brazo investidor e co que sobre todo inviste no sector inmobiliario, ten dereito a ingresar o 59,29 % dos beneficios, xa que esa é a porcentaxe do capital que controla do grupo que no seu día fundou e que hoxe está presidido pola súa filla menor Marta Ortega.
Amancio Ortega cobrará este ano 2.217 millóns de euros grazas ao histórico dividendo que o grupo téxtil prevé repartir nos próximos meses, en consonancia coas cifras de récord logradas pola maior empresa cotizada española no seu último exercicio fiscal.
Ortega gañará este ano máis que o obtido durante o ano pasado por 27 das 35 empresas do IBEX, entre elas Telefónica, Naturgy ou o conglomerado aéreo IAG.
Coincidindo coa presentación de resultados anuais, Inditex anunciou este mércores que o seu Consello de Administración propoñerá á Xunta Xeral de Accionistas un incremento do dividendo do 29 % para o exercicio 2022, ata 1,2 euros por acción.