Cargando resultados...
Bernardo Fernández substitúe a González Formoso á fronte do PSdeG na Coruña
Bernardo Fernández substitúe a González Formoso á fronte do PSdeG na Coruña
G24.gal
19/02/2022 14:02
Os socialistas da Coruña gardaron un minuto de silencio no seu Congreso polos mariñeiros falecidos no naufraxio do Canadá. Os socialistas galegos avanzan no seu calendario de renovación orgánica.
Celebran este sábado o congreso provincial da Coruña, no que se vai oficializar o inicio dunha nova etapa baixo o liderado de Bernardo Fernández. O alcalde de Pontedeume impúxose nas primarias a Noa Díaz con máis do 76% dos votos.
Fernández substitúe no cargo a Valentín González Formoso, o actual secretario xeral do partido en Galicia.