José Tomé é o novo secretario xeral do PSdeG en Lugo
José Tomé é o novo secretario xeral do PSdeG en Lugo
Encabeza un proxecto en que se integra a candidatura de José María Arias
A agrupación provincial do PSdeG en Lugo acaba de renovar os cargos directivos no transcurso dun congreso en que se elixiu a José Tomé como secretario xeral provincial.
O presidente da Deputación lucense encabeza o proxecto no que finalmente se integrou o outro candidato, Xosé María Arias, que ocupará o posto de vicesecretario.
Tomé avogou por unha mensaxe unificada e por reclamar que as administracións cumpran cos seus compromisos.
"Chegamos a este congreso unidos cunha soa candidatura. Iso significa que o partido socialista vai saír deste congreso máis forte e por tanto en condicións de prestar mellor servizo aos cidadáns da provincia de Lugo e ser máis útiles á sociedade, que é o que pretendemos".
"Imos reivindicar todo aquilo que a provincia de Lugo aínda ten sen executar doutras administracións, ben sexa do Estado, ben sexa da Xunta de Galicia".
A clausura do congreso correu a cargo do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso.