Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos celebra esta fin de semana 25 anos da súa Feira Franca Medieval

Betanzos celebra esta fin de semana 25 anos da súa Feira Franca Medieval

Recrearán episodios históricos da vila como a expulsión dos leprosos ou a chegada do señor de Andrade

G24.gal 12/07/2024 21:18 Última actualización 12/07/2024 21:22

Rúas e edificios locen engalanados con estandartes e escudos de familias de Betanzos do medievo.

É a Feira Franca onde se recrearán episodios históricos da vila como a expulsión dos leprosos ou a chegada do señor de Andrade. Unha auténtica viaxe no tempo. 

Nos 130 postos do mercado de artesanía pódese mercar e encontrar de case todo. Demostracións e degustacións, incluídas. 

A Feira Medieval cumpre este ano un cuarto de século.

Unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia que se converte nun atractivo máis para quen visita Betanzos estes días.

Unha celebración que ano tras ano conta coa implicación das betanceiras e betanceiros que nos convidan a desfrutar con eles da súa festa, gastronomía e historia. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar