Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos celebra a versión familiar da súa romaría dos Caneiros

Betanzos celebra a versión familiar da súa romaría dos Caneiros

É unha celebración máis respectuosa coa tradición que as xiras do 15 e do 25 de agosto

G24.gal 05/08/2023 20:40 Última actualización 06/08/2023 10:18

Betanzos celebrou os Caneiros en familia, unha versión máis calma e menos multitudinaria que as xiras que se celebrarán durante as Festas de San Roque.

Como manda a tradición, os romeiros decoraron as barcas con motivos vexetais e navegaron o río Madeo para gozar dun xantar no bosque de ribeira do campo dos Caneiros.

Está considerada a romaría pagá máis importante de Galicia. Xa no século XIX, as embarcacións engalanábanse con grilandas de flores e follas de palmeira.

Colocábanse mesas e bancos nas cubertas e a xente almorzaba, conversaba ou simplemente gozaba da paisaxe mentres as barcas remontaban o Mandeo para chegar ao campo dos Caneiros.

As xiras celébranse os días quince e vinte e cinco de agosto, pero hai tempo que a romaxe tradicional comezou a diluírse entre o alcol e a festa rachada da xente máis nova.

Os Caneiros en familia recuperan a esencia romeira orixinal. O bosque de ribeira recibiu centos de romeiros nesta xira familiar, adianto bucólico das Festas de San Roque betanceiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade