Publicador de contidos
Publicador de contidos

Betanzos denuncia unha vertedura de augas fecais no río Mendo

Betanzos denuncia unha vertedura de augas fecais no río Mendo

Investigan se ten relación co gromo de gastroenterite na vila

G24.gal 14/06/2023 21:06 Última actualización 14/06/2023 21:35

Técnicos de Viaqua e da Policía Local de Betanzos tomaron mostras da vertedura detectada no río Mendo, preto do punto de captación de auga do que se abastece a vila. E intentaron seguir o seu rastro río arriba para dar coa orixe.

O cheiro e o aspecto da vertedura apunta a augas fecais, pero iso saberase co resultado das análises, que poden tardar dous ou tres días.

Cando teña os resultados, o Concello presentará unha denuncia no xulgado.

"Cando menos é un atentado ambiental, o que non sabemos é se pode ser tamén contra a saúde pública", apuntaba a alcaldesa en funcións María Barral.

Non se descarta que poida ter relación co gromo de gastroenterite que causou máis de 400 casos e mantén restrinxido o uso da auga da billa desde hai tres semanas na vila ao detectarse a presenza dun noravirus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade