Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bibliotecas a tope poucos días antes dos exames na universidade

Bibliotecas a tope poucos días antes dos exames na universidade

Dentro de poucos días os universitarios teñen que examinarse e a maioría das bibliotecas énchense de alumnos que madrugan para facerse cun sitio

G24.gal 13/01/2025 14:08

Son días de moito estudo para os universitarios que se enfrontan ás probas de xaneiro. Non é de estrañar que as bibliotecas presenten un aspecto de cheo total. Prefiren estudar en bibliotecas porque din que "se concentran máis".

Os exames están á volta da esquina e hai que aplicarse. Moitas bibliotecas teñen estes días horarios especiais e mesmo hai algunha que non pecha de noite. Aseguran os estudantes que, "se non madrugas" non colles sitio, que "hai que chegar antes de que abran" e que "na fin de semana é moi complicado conseguir entrar". Tamén que, os que collen sitio están todo o día.

É o último esforzo dunhas probas que en cuestión de días xa estarán realizadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade