As bibliotecas galegas celebraron o día do usuario con máis dunha vintena de actividades
As bibliotecas galegas celebraron o día do usuario con máis dunha vintena de actividades
Contacontos, clubs de lectura e mesmo de agasallos sorpresa foron algunhas das propostas
A Biblioteca de Galicia estivo completa
A Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, celebraba este día do usuario completa. Durante a tarde do sábado os seus 124 postos de lectura estiveron ocupados, na súa maioría por universitarios que preparan exames. Moitos marchaban para a casa cun agasallo.
"Pois non, non sabía. Ao parecer é o Día das Bibliotecas en Galicia e adoito vir aquí para estudar, que é un lugar moi ameno".
"Paréceme moi ben, a verdade, que regalen así este tipo de libros, porque hoxe a xente non adoita ler moito, as cousas como son".
"A verdade é que non coñezo nin os autores nin os libros, pero creo que deberan ser libros de literatura galega", comentan varios mozos.
Amais dos estudante outros habituais deste espazo visitaron o Gaiás.
"Si, é o Día das Bibliotecas, vino nas redes sociais. Nós adoitamos vir moito. Somos de Vilanova de Arousa, pero vimos moito ao Gaiás e aquí á biblioteca porque ao meu fillo gústalle moito ver os libros de Arte sobre todo e sabiamos que había esta oportunidade de ter uns libros e vimos", explica unha usuaria.
Tal día coma hoxe hai 24 anos abría as súas portas este espazo, cabeceira do sistema bibliotecario de Galicia. Foi o primeiro edificio da Cidade da Cultura que se inaugurou.