Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden di que renunciou para unir o seu partido no empeño vital de salvar a democracia

Biden di que renunciou para unir o seu partido no empeño vital de salvar a democracia

Por iso decidiu dar paso a unha nova xeración, como o mellor xeito de unir tamén o país

Falou da virtual candidata demócrata aos comicios, Kamala Harris, como unha persoa experimentada, dura e capaz

Donald Trump: "O discurso do corrupto Joe Biden desde o Despacho Oval apenas se entendía e foi taaaan malo!"

G24.gal 25/07/2024 04:49 Última actualización 25/07/2024 21:20

O presidente estadounidense, Joe Biden, dixo este mércores que está "a pasar a testemuña" a unha nova xeración para unir a Estados Unidos e "salvar" a democracia, no que foron as súas primeiras declaracións públicas desde que puxese fin á súa campaña de reelección para as eleccións de novembro.

Desde o Despacho Oval da Casa Branca, Biden deu un discurso duns 11 minutos, que foi transmitido en directo polas principais cadeas de televisión do país, e no que o seu obxectivo era dobre: explicar a decisión de poñer fin á súa campaña de reelección e empezar a definir o seu legado.

"Decidín que a mellor maneira de avanzar é pasar a testemuña a unha nova xeración. Esta é a mellor forma de unir á nosa nación", manifestou Biden, sentado no escritorio do Despacho Oval, de forma que podían verse detrás del varias fotografías, incluída unha do seu fillo, falecido de cancro en 2015.

Biden só deu catro discursos á nación como o desta noite ao longo do seu mandato, dous deles foron nos últimos días.

Biden enmarcou a súa decisión de non optar á reelección na necesidade de "defender a democracia" fronte ao auxe do autoritarismo, idea que dominou a súa campaña electoral e tamén guiou a súa decisión de presentarse ás eleccións de 2020, nas que venceu ao expresidente Donald Trump (2017-2021).

Biden non fixo mencionou en ningún momento a Trump polo seu nome, pero quedou claro no seu discurso que se estaba referindo á posibilidade de que volvese ao poder.

"Respecto profundamente este cargo, pero amo máis ao meu país. Foi a honra da miña vida servir como o voso presidente. Pero, creo que defender a democracia é máis importante que calquera título", salientou.

Trump, pola súa banda, respondeu só uns minutos despois de que terminase o discurso. Nunha mensaxe na súa rede social Truth Social, considerou que "O discurso do corrupto Joe Biden desde o Despacho Oval apenas se entendía e foi taaaan malo!".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade