Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden pide a Exipto e a Qatar que lle metan presión a Hamas para chegar a un acordo con Israel

Biden pide a Exipto e a Qatar que lle metan presión a Hamas para chegar a un acordo con Israel

O mandatario considera insuficientes as medidas anunciadas por Israel para mellorar a situación humanitaria en Gaza

G24.gal 06/04/2024 08:29 Última actualización 06/04/2024 10:38

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, pediulle este venres ao presidente de Exipto, Abdelfatah al Sisi, e ao emir de Qatar, Tamim bin Hamad Al Thani, que presionen a Hamas para chegar a un acordo con Israel.

De acordo cun alto funcionario dos EUA, Biden reclamoulles por carta que aproveiten o seu papel como mediadores centrais entre Israel e Hamas para acordar un cesamento do fogo temporal en Gaza a cambio da liberación de reféns xudeus, nas vindeiras negociacións do Cairo.

A misiva chega tras o ultimato de Biden por teléfono ao primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu. Por primeira vez, o líder estadounidense puxo condicións ao apoio do seu Goberno á guerra en Gaza e advertiu que a política de Washington cambiará se non toma medidas "concretas" para mellorar a situación humanitaria na Franxa.

Horas despois da chamada, Israel fixo dous anuncios importantes: abriu máis vías para que entre axuda na franxa e destituíu dous comandantes responsables do ataque do 1 de abril que acabou coa vida de sete cooperantes da World Central Kitchen (WCK), a ONG do chef español José Andrés.

Os Estados Unidos celebraron as medidas pero considéraas insuficientes polo que esixiu avances nas próximas negociacións do Cairo para lograr un cesamento do fogo a cambio da liberación de reféns israelís.

Negociacións

Washington, Exipto e Qatar levan meses mediando entre Israel e o grupo palestino para permitir a entrada de axuda humanitaria en Gaza, onde morreron máis de 33.100 persoas desde o inicio da contenda en outubro e onde unha trintena de menores faleceu por desnutrición aguda.

A proposta actual que se está a negociar sería un alto o fogo de seis semanas na Franxa e a liberación de 40 reféns en mans de Hamas. A cambio, Israel liberaría 700 prisioneiros palestinos, segundo filtracións nos medios estadounidenses e israelís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade