Publicador de contidos
Publicador de contidos

Biden reflexiona en familia mentres algunhas voces lle piden que se retire

Biden reflexiona en familia mentres algunhas voces lle piden que se retire

The New York Times pídelle que renuncie, mentres que Obama defende que siga sendo o candidato demócrata

G24.gal 30/06/2024 12:15

O presidente dos EUA vai reunirse este domingo coa súa familia para falar do seu futuro político, segundo apuntan algúns medios de comunicación. Joe Biden, recoñece nos últimos días que está máis maior e que xa non debate como antes, pero insistiu en seguir sendo o candidato a pesar das presións para que renuncie.

Mentres continúan as voces que reclaman a Biden que se retire da campaña presidencial. Así o pediu nun editorial o xornal de referencia da esquerda estadounidense, The New York Times. Os grandes doantes do Partido Demócrata estudan a letra pequena dos estatutos para ver se hai algunha maneira de xustificar o cesamento de Biden ou tentan chegar á súa muller, Jill Biden, para que fale co presidente.

Mentres tanto, as grandes espadas demócratas pechan filas. O expresidente Barack Obama dixo que un mal debate teno calquera e que esta segue sendo unha elección entre un home decente e un criminal. O risco de que Biden perda contra Donald Trump é grande, pero tamén é un risco apartalo da campaña e desatar unha guerra interna no partido a só catro meses das eleccións. O próximo debate está previsto para o 10 de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade