Publicador de contidos
Publicador de contidos

Blanco di que o Goberno traballa pola "gratuidade da AP-9" ou tratar de "que non sexa un custo excesivo"

Blanco di que o Goberno traballa pola "gratuidade da AP-9" ou tratar de "que non sexa un custo excesivo"

O debate da transferencia da Autoestrada do Atlántico retomarase no Congreso o vindeiro 11 de xuño

G24.gal 04/06/2024 12:18

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, asegurou que o Executivo central busca "darlle solución a unha demanda unánime" que é "a gratuidade da AP-9" ou ben tentar "que non sexa un custo excesivo".

Ao preguntarlle este martes na Coruña polo expediente que Bruxelas abriu por segunda vez a España pola prórroga da concesión da AP-9, Blanco dixo que o Goberno "vai facer fronte ao requirimento" porque se trata "dunha concesión que é unha resolución administrativa contractual en que unha das partes non pode desvincularse".

Con todo, insistiu en que o obxectivo é lograr "a gratuidade da AP-9" ou ben rebaixar o seu custo para "alixeirar o peso nos petos aos usuarios que a utilizan diariamente".

Blanco indicou que o Goberno de Pedro Sánchez foi "o primeiro que puxo na mesa axudas importantísimas para que esa liña de comunicación" sexa máis alcanzable.

"Temos que seguir nese camiño, é o que importa", resumiu, á vez que lembrou que o tema da transferencia "defenderase a semana que vén no Parlamento en Madrid"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade