Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boa acollida do novo Plan Renove para substituír o coche vello

Boa acollida do novo Plan Renove para substituír o coche vello

As axudas son de ata 4.000 euros, cun 20 % adicional para as familias numerosas

Esperan retirar da circulación un milleiro de vehículos

Nesta edición o Plan Renove conta cunha partida de 2,5 millóns de euros
G24.gal 26/11/2021 14:28

O parque móbil galego é un dos máis envellecidos. Substituír os vehículos antigos por outros menos contaminantes é un dos obxectivos da nova liña de axudas do Plan Renove da Xunta.

"Vai decidir a compra a persoas que teñen coches vellos, a noticia a recibimos con ledicia", explica Marta Silva, xefa de vendas nun concesionario de Lugo.

A contía das axudas é de ata 4.000 euros, e un 20 % adicional para as familias numerosas. Os concesionarios ven neste plan un impulso ao mercado, tras unha caída nas matriculacións do 13 %.

"Dará un impulso esa axuda, que é unha axuda económica importante", di Luis Zaera, xefe de vendas nun concesionario de Lugo.

O Goberno galego destina ao programa 2 millóns e medio de euros para retirar da circulación máis dun milleiro de vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade