Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boa parte de Galicia continúa en aviso amarelo polas treboadas

Boa parte de Galicia continúa en aviso amarelo polas treboadas

A chuvia descargou con forza este mediodía en Ourense

Durante a noite caeron máis de catro mil raios en toda Galicia

Vista da treboada sobre a Ría de Vigo dende o monte Cepudo. EFE/Sxenick
G24.gal 09/09/2023 14:32 Última actualización 09/09/2023 14:53

As treboadas estendéronse esta madrugada por toda Galicia. Entraron desde o Atlántico e iluminaron a costa, desde as illas Cíes á cornixa cantábrica. No parque natural da serra da Enciña da Lastra un raio causou un conato de incendio, xa extinguido.

Máis de catro mil lóstregos caeron esta noite, a maioría entre a medianoite e as catro da mañá, cando as treboadas se xeneralizaron por todo o país, acompañadas por abundante auga.

Onde máis choveu foi en Lalín, 36 litros por metro cadrado acumulados en 12 horas, e na Fonsagrada, 35. Tamén andaron cerca Boiro, con 29, e a cidade de Ourense, onde caeron 27 litros por metro cadrado.

En cidades coma Vigo e Ourense, os bombeiros pasaron a noite achicando auga en estradas e garaxes, pero sen incidencias salientables. E xa pola mañá, eran os equipos de limpeza os que tomaban as rendas. Nesta rúa de Ourense, os veciños están fartos.

Aviso amarelo

E esta tarde seguimos en aviso amarelo, en toda a provincia de Ourense e a de Lugo, noroeste da Coruña e interior da Coruña e Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade