Bocadillos de luras gratis para os membros das mesas electorais da Coruña
Bocadillos de luras gratis para os membros das mesas electorais da Coruña
A iniciativa do Quiosco de Down Experience é xa unha tradición os domingos de eleccións
Quizais ser membro dunha mesa electotal non é o mellor plan para un domingo, pero se recibes a visita dos rapaces do quisco Down Experience a xornada de seguro será algo menos dura. Eles preparan os mellores bocadillos de luras da Coruña e quixeron ter un detalle con algunhas desas persoas que fan posible que poidamos exercer o noso dereito a votar.
Na pequena cociña do Quiosco, situado na céntrica praza de Ourense, Carlos prepara esta exquisetez entre panes, que pode ir acompañada dunha deliciosa salsa.
Nesta ocasión, o seu compañeiro Adrián foi o encargado de levar os bocadillos desde alí ata o instituto Eusebio da Garda, un dos 85 colexios electorais que hai na Coruña. Chegou nun momento de moitísima afluencia e de algo estrés para os membros das mesas, encantados coa visita e o agasallo gastronómico. Para eles vai ser unha xornada longa, pero faráselles máis levadía con estas delicias entre as mans.