Borja Iglesias, orgulloso de compartir a selección con Iago Aspas e Joselu
Borja Iglesias, orgulloso de compartir a selección con Iago Aspas e Joselu
Borja agarda unha nova oportunidade de demostrar o seu innegable olfacto goleador
Iago Aspas, Joselu e Borja Iglesias conforman o tridente goleador da armada galega ao servizo da selección española.
O último en recibir a chamada de Luis de la Fuente foi Borja Iglesias. O santiagués, indiscutible no Betis de Pellegrini, debutou na absoluta con Luis Enrique e agora quere desfrutar desta nova etapa. Ter a Joselu e a Aspas como compañeiros supón todo un orgullo para o Panda.
"Hai moito talento en Galicia. Onte falamos os tres. Comentamos que era moi bonito representar a Galicia"
O dianteiro do Betis, que chegou de último á convocatoria de De la Fuente, comparte o liderado dos máximos goleadores nacionais na Liga cos seus paisanos. Os tres con distinto perfil e o cadanseus 12 goles
A chamada aos tres arietes galegos coincide coa primeira convocatoria do novo seleccionador que se estrea contra Noruega o sábado cunha intención de ataque que Borja Iglesias non percibe tan diferente á de Luis Enrique.
O dianteiro picheleiro, que debutou coa selección uns minutos na Romareda en setembro do pasado ano, agarda agora unha nova oportunidade de demostrar o seu innegable olfacto depredador para o gol.